Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18382

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3564/2013 MDM).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3564/2013, seguido por instancia da empresa Ara Krulich, S.A., recorréndose contra Fernando Esperón Sanmartín, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Mapafuer, S.L., sobre recarga de accidente, se ditou sentenza de data catorce de abril de dous mil quince, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación articulado pola mercantil Ara Krulich, S.A. contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, de data 27 de xuño de 2012, en autos número 303/2011, instados por Fernando Esperón Sanmartín contra a empresa Ara Krulich, S.A., a empresa Mapafuer S.L., a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre recarga de prestacións, confirmamos a resolución de instancia e impoñemos á mercantil Ara Krulich, S.A. o aboamento das custas do recurso, que incluirán os honorarios do letrado da parte demandante impugnante deste en contía de 600 euros. Debe dárselles aos depósitos e consignacións, se houbese, o destino legal correspondente. Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++). Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia. Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mapafuer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de abril de 2015

A secretaria xudicial