Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18384

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (644/2014).

José Miguel Regueiro Pérez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, polo presente anuncio:

No presente procedemento verbal sobre garda, custodia e alimentos 644/2014, seguido por instancia de Kaltoum Mohamed-Salem Mohamed-El Luali fronte a Val-Lad Bih Saleh, ditouse sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Resolución:

Estimo a demanda presentada e atribúo o exercicio exclusivo da patria potestade sobre a menor (...) nacida o día 9 de decembro de 2005 á súa nai Kaltoum Mohamed-Salem Mohamed-El Luali, con todas as facultades inherentes a esta, incluída a facultade de solicitar a expedición de pasaporte e a entrada e saída do territorio nacional.

Non procede realizar condena en custas da instancia.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

E encontrándose o devandito demandado, Val-Lad Bih Saleh, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ferrol, 16 de abril de 2015

O secretario xudicial