Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18385

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (315/2013).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 315/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Eloy Piñeiro Franco contra Esabe Vigilancia, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que, estimando integramente a demanda formulada por Luis Eloy Piñeiro Franco, que comparece representado polo seu letrado Sr. Rodríguez Amoroso, contra a empresa Vixilancia Esabe, S.A., que non comparece malia estar citada en legal forma, e contra o Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 2.801,63 euros.

Así mesmo, debo absolver ao Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de abril de 2015

O secretario xudicial