Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de abril de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición contra a Resolución do 22 de agosto de 2013, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición (expediente IU2/48/2012-R1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 12 de marzo de 2015, ditou resolución pola que se estima parcialmente o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 22.8.2013, do subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coa construción dunha vivenda unifamiliar e unha edificación auxiliar, no lugar de Pedracarballa, 29, parroquia de Entenza, no termo municipal da Salceda de Caselas, Pontevedra, no senso de que o recorrente é o titular da parcela catastral 36049A034060020000KO, na que se atopa o inmoble coa referencia catastral 36049A034060020001LP, confirmando en todo o demais a resolución impugnada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Xosé Sestelo Martínez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística