Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0441/2014-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0441/2014-PPM e cinco máis.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na avda. Ramón Canosa, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 21 de abril de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-FE-0441/2014-PPM.

Persoa interesada: Verónica Romero Pena.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Alta, 28-A, nº 2, 3º C, Mugardos.

Expediente: PSC-FE-0445/2014-PPM.

Persoa interesada: Alberto José Romariz Requeijo.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avda. Santa Marina, 113, 1º esqda., Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0446/2014-PPM.

Persoa interesada: Eduardo Louzao Vázquez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Los Ángeles, 100, 1º A, Ares.

Expediente: PSC-FE-0474/2014-PPM.

Persoa interesada: Daniel Valiño García.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Estrada da Gándara, 74, 1º, Narón.

Expediente: PSC-FE-0486/2014-PPM.

Persoa interesada: Rony Caruncho Porto.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Vilarrube, 22, 1º, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0501/2014-PPM.

Persoa interesada: Ramón Sanmartín González.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Enrique Granados, 11, 1º D, Ferrol.