1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 84/2015.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración do equipamento microinformático para os centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do proxecto Abalar.
b) División por lotes e número: si, 3.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto do presente contrato será de 2 meses desde a data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 2.135.500,00 €, máis 448.455,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.583.955,00 €, que se distribúe por lotes como segue:
– Lote 1: ordenadores persoais de sobremesa.
Mínimo de unidades: 2.400.
Prezo unitario máximo: 610,00 €.
Orzamento de licitación: 1.464.000,00 € máis IVE (307.440,00 €) = 1.771.440,00 €.
– Lote 2: ordenadores ultraportátiles.
Mínimo de unidades: 1.850.
Prezo unitario máximo: 340,00 €.
Orzamento de licitación: 629.000,00 € máis IVE (132.090,00 €) = 761.090,00 €.
– Lote 3: vídeo proxectores.
Mínimo de unidades: 50.
Prezo unitario máximo: 850,00 €.
Orzamento de licitación: 42.500,00 € máis IVE (8.925,00 €) = 51.425,00 €.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22395.
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 13.5.2015, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Rexistro da Amtega.
2. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 17.2.2015.
13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 14.4.2015.
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2015
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia