Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17258

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

EDICTO (146/2014).

Divorcio contencioso 146/2014

Demandante: Elena Kokoreva Roy

Procuradora: Magdalena Méndez-Benegassi Gamallo

Avogado: Ignacio G. Diéguez Sanmartín

Demandado: Antonio Rosales Fuentes

Matías Recio Juárez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Elena Kokoreva Roy fronte a Antonio Rosales Fuentes ditouse sentenza o 13 de xaneiro de 2015, que se transcribe na súa parte necesaria, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Encabezamento.

Sentenza número 1/15.

Xuíza que a dita: Elena Calleja Curros.

Lugar: A Estrada.

Data: trece de xaneiro de dous mil quince.

Demandante: Elena Kokoreva Roy.

Procuradora: Magdalena Méndez-Benegassi Gamallo.

Avogado: Ignacio G. Diéguez Sanmartín.

Demandado: Antonio Rosales Fuentes, en situación de rebeldía procesual.

Obxecto do xuízo: a disolución por divorcio do matrimonio formado polas partes mencionadas, polo procedemento contencioso.

Decido que estimo parcialmente a demanda presentada pola representación procesual de Elena Kokoreva Roy fronte a Antonio Rosales Fuentes, en situación de rebeldía procesual, e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado polos cónxuxes, con desestimación da pretensión de fixación dunha pensión compensatoria a favor da demandante.

Unha vez que se declare a firmeza desta sentenza, líbrese oficio ao encargado do Rexistro Civil competente, ao que se xuntará testemuño desta, co fin de que se anote a súa parte dispositiva na inscrición de matrimonio dos cónxuxes.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente sinalando no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada-xuíza.

E encontrándose o devandito demandado, Antonio Rosales Fuentes, en rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, expídese, asínase e sélase o presente edicto, co fin de que sirva de notificación en forma a este.

A Estrada, 2 de abril de 2015

O secretario xudicial