Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17255

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

EDICTO de notificacion de sentenza (204/2013).

Procedemento: divorcio contencioso 204/2013

Sobre divorcio contencioso

De: María Rosende López

Procuradora: Cayetana Marín Couceiro

Letrada: Mª José Hernández Borrageros

Contra: Francisco Javier Costoyas Eyo

Matías Recio Juárez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, anuncia que no presente procedemento seguido por instancia de María Rosende López contra Francisco Javier Costoyas Eyo foi ditada sentenza con data do 29 de xaneiro de 2014, que se transcribe na súa parte necesaria e é do teor literal seguinte, no seu encabezamento e parte dispositiva:

«Encabezamento:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada.

Sentenza: 7/2014.

Xuíza que a dita: Elena Calleja Curros

Lugar: A Estrada

Data: 29 de xaneiro de 2014

Demandante: María Rosende López

Procuradora: Cayetana Marín Couceiro

Avogada: Mª José Hernández Borrageros

Demandado: Francisco Javier Costoyas Eyo, en situación de rebeldía procesual.

Obxecto do xuízo: declaración de divorcio do matrimonio formado polas partes mencionadas e adopción de medidas.

Parte dispositiva:

Dispoño estimar parcialmente a demanda presentada pola representación procesual de María Rosende López contra Francisco Javier Costoyas Eyo, en situación de rebeldía procesual e declaro disolto por divorcio o matrimonio celebrado entre os litigantes, con revogación de poderes outorgados, coa adopción das seguintes medidas:

1º. A garda e custodia dos fillos comúns atribúese a María Rosende López, quedando compartida a patria potestade.

2º. Na falta de acordo entre as partes, Francisco Javier Costoyas Eyo poderá estar cos seus fillos aos sábados alternos en horario de 12.00 horas a 20.00 horas, con recollida e reintegro dos menores no domicilio da demandante.

3º. Francisco Javier Costoyas Eyo deberá aboar en concepto de alimentos para os fillos menores a cantidade de 150 euros, 75 euros para cada fillo, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta que se designe, actualizable anualmente conforme as variacións que experimenten os índices de prezos de consumo publicados polo Instituto Nacional de Estatística ou os que legalmente os substitúan.

Cada proxenitor deberá, ademais, aboar a metade dos gastos extraordinarios dos fillos comúns.

Unha vez que se declare a firmeza desta sentenza, envíese oficio ao encargado do Rexistro Civil competente, ao cal se xuntará testemuño da sentenza, a fin de que se anote a súa parte dispositiva na inscrición de matrimonio dos cónxuxes.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en senso contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme á disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase demostrar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente indicando, no campo “concepto”, “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír, despois da conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Encontrándose o devandito demandado, Francisco Javier Costoyas Eyo, en rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, expídese, asínase e sélase o presente edicto para que lle sirva de notificación en forma e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Estrada, 31 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial