Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17253

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (1555/2014).

Divorcio contencioso: 1555/2014

Procedemento orixe:

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Xurxo Vázquez Fernández

Procuradora: María de los Ángeles Sanmartín Méndez

Demandada: Cosmina Mariana Mocanu

Cristina Cao Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, por el presente,

Anuncio:

Que no presente procedemento, seguido por instancia de Xurxo Vázquez Fernández, contra Cosmina Mariana Mocanu, en situación de rebeldía procesual, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvo:

Que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Sanmartín Pérez en nome e representación de Xurxo Vázquez Fernández, asistido do letrado Sr. Abeal Rodríguez contra Cosmina Mariana Mocanu, maior de idade, sinalada en autos e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os s litigantes con data do 6 de xullo de 2007 en Miranda de Ebro, inscrito no Rexistro Civil desa localidade no tomo 55, páxina 273, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1. do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Unha vez firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación. Lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Cosmina Mariana Mocanu, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015

A secretaria xudicial