Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17260

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (529/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 529/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula de la Vega Sanmartín contra a empresa Juegos Balora, S.A. e o Servizo Público de Emprego Estatal, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Estimo a demanda interposta por Paula de la Vega Sanmartín fronte ao Servizo Público de Emprego Estatal e a empresa Juegos Balora, S.A. e recoñezo o dereito da demandante a percibir prestacións por desemprego de 120 días de duración, do 70 % da base reguladora de 41,14 euros con efectos do 20.6.2013, e condeno as demandadas ao seu pagamento, con responsabilidade de anticipo da entidade xestora.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de cinco días, conforme dispoñen os artigos 191 e seguintes da Lei da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Juegos Balora, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 13 de abril de 2015

A secretaria xudicial