Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17261

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (91/2014).

Eu, Mariña García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 91/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Fernández Fariña contra Aluminios Becasi, S.L., sobre despedimento, ditouse a resolución do 11 de decembro de 2014 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Acordo:

a) Declarar o executado Fondo de Garantía Salarial en situación de insolvencia por importe de 3.215 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

A devandita resolución foi aclarada mediante decreto ditado en data do 15.12.2014 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Acordo:

1. Rectificar o erro material cometido na parte dispositiva do decreto de data do 11.12.2014 no sentido de que onde di: «Acordo: declarar o executado Fondo de Garantía Salarial en situación de insolvencia por importe de 3.215 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional», debe dicir: «Declarar o executado Aluminios Becasi, S.L. en situación de insolvencia por importe de 3.215 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional».

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño desta aos autos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Aluminios Becasi, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 13 de abril de 2015

A secretaria xudicial