Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17263

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1010/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1010/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Bustelo Fraga contra Limpiezas Secope, S.A. sobre despedimento, se ditou, con data do 8 de abril de 2015, sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza nº 142/2015.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 1010/2014, seguidos por instancia de Miguel Ángel Bustelo Fraga, representado e asistido polo letrado Sr. Méndez Torres, contra a entidade Limpiezas Secope, S.A. e contra Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citadas, sobre despedimento obxectivo individual.

Resolución que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por instancia de Miguel Ángel Bustelo Fraga, contra a entidade Limpiezas Secope, S.A. e Fogasa, sobre despedimento obxectivo individual e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada Limpiezas Secope, S.A. e a extinción da relación laboral na data da sentenza, condenando a demandada ao aboamento da cantidade de 5.655,03 euros en concepto de indemnización (ao non ser posible a readmisión por peche da empresa).

Condeno a empresa demandada a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a data da extinción da relación laboral no día de hoxe, a razón de 44,18 €/día, o que suma a cantidade de 6.582,82 euros.

Condeno a demandada ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios do letrado da parte demandante, que se fixan na suma de 200 euros.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela se poderá interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banco Santander, S.A. a nome desta oficina xudicial, co núm. 0049 3569 9200 0500 1274, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, e acreditar mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015

A secretaria xudicial