Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17265

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (11/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 11/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Leonardo Rolle Piñeiro contra Pesca Natural en Altamar, S.L. sobre despedimento, se ditou decreto con data do 9.4.2015, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Declárase extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Francisco Leonardo Rolle Piñeiro coa entidade Pesca Natural en Altamar, S.L., condenando a esta a que aboe ao executante a cantidade de 7.594,51 euros en concepto de indemnización e 65.293,06 euros en concepto de salarios de tramitación.

Faise saber que, en caso de no dar cumprimento á presente resolución, continuará como execución en diñeiro, polo importe total de 72.887,57 euros, incrementados con 7.288,757 euros en concepto de xuros e custas da execución, sen prexuízo este último importe de ulterior liquidación.

Ademais dos honorarios do letrado da demandante, Sr. Blanco Lobeiras, en contía de seiscentos euros (600,00 €).

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Fogasa, e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pesca Natural en Altamar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015

A secretaria xudicial