Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17267

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (963/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 963/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Consuelo Cela Fernández contra Diconsa Diseño y Construcción, S.A. Diconsa e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial, Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015.

Únase a anterior notificación dirixida á demandada Diconsa Diseño y Construcción, S.A., devolta por descoñecido e, non existindo máis domicilios que aqueles que nos actos de comunicación resultaron negativos, notifíquese á demandada sinalada por medio de edictos que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2015.

Recibida a proba documental acordada por SSª como dilixencia final, consistente en informe do Ministerio Fiscal, acordo, conforme o disposto no artigo 88.1 da LPL:

Dar traslado ás partes e indicarlles que no prazo de tres (3) días poden alegar por escrito o que ao seu dereito conveña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Diconsa Diseño y Construcción, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015

A secretaria xudicial