Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17269

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de citación (700/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela,

Fai saber que mediante a resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Lucas Méndez Fernández contra Pocomaco Inversiones, S.A.U. e Manuel Lombardía Rodríguez, en procedemento de despedimento rexistrado co nº 700/2014, se acordou citar as demandadas Pocomaco Inversiones, S.A.U. e Manuel Lombardía Rodríguez, en paradoiro descoñecido, para que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na Rúa Berlín s/n, sala de vistas 3, planta baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 8.5.2015 ás 9.10 e 9.15 horas, co fin de celebrar os actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse. Advírteselle que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor, na oficina xudicial deste xulgado, a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de citación a Pocomaco Inversiones, S.A.U. e Manuel Lombardía Rodríguez, así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios expídese este edicto.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2015

A secretaria xudicial