Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-9/2015 e OU-E-42/2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da LO 1/1992, en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo; no Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30 de setembro), e na disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Infórmaselle que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer ante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina da Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avenida da Habana, 79-2º Ourense.

Ourense, 14 de abril de 2015

P.A.
Marisol Díaz Mouteira
Secretaria territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-9/2015.

NIF: 44480440-G.

Denunciado: Óscar Fernández Villarino.

Enderezo: r/ Curros Enríquez nº 25 baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, nº 25 baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.

Importe da sanción: 2.100 € máis un mes de suspensión de licenza municipal de apertura.

Número de expediente: OU-E-42/2015.

NIF: 44458253-G.

Denunciada: Lucía Méndez Losada.

Enderezo: r/ Pena Trevinca nº 5 baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: D’Moda, r/ Pena Trevinca nº 5 baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.

Importe da sanción: 90 €.