Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 15 de abril de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente en relación coa Resolución do 5 de agosto de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 156, do 19 de agosto).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación e tendo sido devolta dúas veces polo servizo de Correos, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo secretario xeral para o Deporte.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta Secretaría Xeral para o Deporte, sita na rúa Ourense, nº 6, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Expediente: Resolución do 5 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 27 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, e pola que se procede á súa convocatoria.

Interesada: Muros Sociedade Deportiva (G15456254).

Acto notificado: requirimento para a presentación da documentación xustificativa da subvención concedida, de conformidade co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.