Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16884

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (994/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 994/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Blanco Varela contra Alfa Instant, S.A., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 184/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: Resolución 994/2014-acumulado despedimento 303/2015

Demandante: María Teresa Blanco Varela

Letrado: Sra. Lodos Gavín

Demandado: Alfa Instant, S.A.

Letrado:

Fogasa

Letrado:

A Coruña, 8 de abril de 2015

Decisión.

1º. Estimo a acción sobre resolución de contrato formulada por María Teresa Blanco Varela fronte a Alfa Instant, S.A. e, en consecuencia, declaro a extinción da súa relación laboral con efectos do 13 de outubro de 2014, e condeno esta a que lle aboe á primeira a cantidade de 10.478,08 euros en concepto de indemnización.

2º. Estimo a acción de reclamación de cantidades acumulada á acción de resolución contractual formulada por María Teresa Blanco Varela fronte a Alfa Instant, S.A. e condeno a empresa demandada a pagar á traballadora, en concepto de salarios debidos e liquidación, a cantidade de 4.279,13 euros, así como o pagamento do 10 % de xuro da dita cantidade conforme o artigo 29.3 do ET.

3º. Declaro procedente o despedimento da demandante acordado pola empresa demandada de data de efectos do 13 de outubro de 2014.

4º. Estimo a acción de reclamación de cantidade formulada por María Teresa Blanco Varela fronte a Alfa Instant, S.A, acumulada á acción de despedimento e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle á primeira a suma de 5.331,48 euros en concepto de indemnización legal polo seu despedimento obxectivo.

5º. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselle esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Alfa Instant, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de abril de 2015

A secretaria xudicial