Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16883

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (62/2015).

Execución de títulos xudiciais 62/2015

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 319/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Yolanda Fontán Costa

Avogada: Vanessa Vidal García

Demandados: Adega Castrocelta, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Fondo de Garantía Salarial

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 62/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Yolanda Fontan Costa contra a empresa Adega Castrocelta, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo:

a) Declarar o/os executado/s Adega Castrocelta, S.L. en situación de insolvencia por importe de 10.129,48 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Adega Castrocelta, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de abril de 2015

A secretaria xudicial