Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16589

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1331/2012).

Eu, Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 1331/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Construcciones Manuel García Carreira, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Resolución:

1º. Estimo parcialmente a acción exercida por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte á empresa Construcciones Manuel García Carreira, S.L., declaro que a empresa citada é responsable directa por falta de cotizacións á Seguridade Social en relación cos traballadores e prestacións indicadas nas letras b) a f) do feito probado primeiro, e condeno a tal empresa a reintegrar á empresa o importe total de 3.519,57 euros.

2º. Estimo parcialmente a acción exercida fronte ao INSS, declaro que este é responsable subsidiario para o caso de insolvencia da empresa, en relación coas prestacións de asistencia sanitaria recollidas nas letras b) a f) do feito probado primeiro, por importe de 2.470,26 euros, con condena a se ater a tal pronunciamento para o suposto indicado.

3º. Desestímase a acción exercida fronte á TXSS.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 e 193 LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Manuel García Carreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de abril de 2015

O secretario xudicial