Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16591

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 264/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 264/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo-Martin Schönthaler Nowicki contra a empresa Dragados, S.A., Construcciones O Salgueiral, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Elisa Salinas Márquez, Construcciones O Salgueiral, sociedade limitada SP.Z O.O Osszial W Polse, Pol-Aqua, S.A., Struktury SP Zoo, Estructuras y Montaje de Prefabricados, S.A., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:

Que estimo parcialmente a demanda interposta por Pablo Mart Schonthale Novwicki fronte a Construcciones O Salgueiral, S.L, Dragados S.A, Pol-Aqua S.A., Estructuras y Montaje de Prefabricado S.A. e Structury, S.R.L., Construcciones O Salgueiral, S.L. SP. ZO.O. Osszial W Polse e condeno a Construcciones O Salgueiral, S.L., Dragados, S.A., Estructuras y Montaje de Prefabricado, S.A. e Structury, S.R.L., Construcciones O Salgueiral, S.L. SP. ZO.O. Osszial W Polse e condeno a Construcciones O Salgueiral, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 10.087,50 euros, máis o 10 % por xuro moratorio; do mencionado importe as codemandadas, Dragados, S.A., Estructuras y Montaje de Prefabricado, S.A. e Structury, S.R.L., Construccions O Salgueiral, S.L. SP. ZO.O. Osszial W Polse, e condeno a Construcciones O Salgueiral, S.L., Dragados, S.A., Estructuras y Montaje de Prefabricado, S.A. e Structury, S.R.L., Construcciones O Salgueiral, S.L. SP. ZO.O. Osszial W Polse responderán, de forma solidaria, ata o límite de 8.023,82 euros, todo iso máis o 10 % ex artigo 29.3 do ET.

Absolvo a Pol-Aqua, S.A. da pretensión exercida contra ela.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco (5) días seguintes á notificación desta sentenza, e deberá consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones O Salgueiral, sociedade limitada, SP.Z O.O Osszial W Polse, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 8 de abril de 2015

A secretaria xudicial