Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16587

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1122/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1122/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ricardo Rodríguez Blanco contra Aliart Engineering, S.L., Fogasa, Servicios y Materiales, S.A. (Sermasa) e o Concello da Coruña, sobre ordinario, se ditouse decisión na sentenza seguinte:

«Decisión:

Que considerando en parte a demanda interposta por José Ricardo Rodríguez Blanco, con citación do Fogasa, contra Aliart Engineering, S.L., en situación de concurso, Servicios y Materiales, S.A. (Sermasa) e o Concello da Coruña, debo condenar e condeno a Aliart Engineering, S.L. e Servicios y Materiales, S.A. (Sermasa) a que lle aboen solidariamente ao demandante a cantidade de 6.914 €, máis o xuro do 10 % por mora, con absolución do Concello da Coruña.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “Conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade, 1532-0000-60-1122-12.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. A seguir, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Alliart Engineering, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de abril de 2015

A secretaria xudicial