Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16585

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 420/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 420/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Riveiro Rodríguez contra I-Vamos, Empresa de Servicios Especializados, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a resolución da seguinte sentenza:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Manuel Riveiro Rodríguez contra a empresa I-Vamos, Empresa de Servicios Especializados, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 3.688,57 euros, máis unha indemnización pactada de 21.000 euros. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 78,90 €/día.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar resgardo acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade, nº 1532-0000-60-0420-14.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a I-Vamos, Empresa de Servicios Especializados, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de abril de 2015

A secretaria xudicial