Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15564

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1028/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1028/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Purriños Rodríguez contra Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo as demandas que en materia de resolución de contrato e despedimento foron interpostas por Marta Purriños Rodríguez contra a entidade Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 24 de setembro de 2014 e, ademais, extinguida a relación laboral que vinculaba a Marta Purriños Rodríguez, no día de hoxe (26 de xaneiro de 2015), coa entidade Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., condenando a entidade Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., ao aboamento dunha indemnización a razón de 8.918,91 €.

Que debo estimar e estimo parcialmente, a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Marta Purriños Rodríguez contra a entidade Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 6.160,55 € brutos por salarios devindicados entre xuño e setembro de 2014, diferenzas salariais segundo convenio colectivo entre setembro de 2013 e setembro de 2014, e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas do ano 2014, así como os xuros do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou no teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado con número 47570000 código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, en caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de marzo de 2015

O secretario xudicial