Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15566

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (715/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 715/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luz María Torres Prieto contra o Fondo de garantía salarial, Fogasa, Hotel Las Golondrinas, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución é a que segue:

Resolvo que estimo a demanda interposta por Luz María Torres Prieto fronte á empresa, Hotel Las Golondrinas, S.L, declaro improcedente o despedimento da traballadora demandante e, así mesmo, declaro extinguida a relación contractual entre a traballadora e a empresa demandada referida, condenando a esta a que aboe á demandante a seguinte cantidades en concepto de indemnización: 1.218,04 euros.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación Depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65 ao se tratar dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado, na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hotel Las Golondrinas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 31 de marzo de 2015

A secretaria xudicial