Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15568

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (301/2013).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de seguridade social 301/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luisa Carballo Pérez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Herrero y Cía. Alimentación, Herrero y Cía., Luis Núñez Maestú, Tesouraría Xeral da Seguridade Social Asesoría Xurídica, sobre seguridade social, se ditou auto de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva é a que segue:

«Parte dispositiva:

Dispoño:

1. Estimar a solicitude de aclarar a sentenza ditada neste procedemento con data 19 de decembro de 2014 no sentido que se indica a seguir:

No feito probado 2º, onde di: “a demandante reúne as seguintes cotizacións: réxime xeral, 5.475 días en toda a súa vida laboral... ”; debe dicir: “a demandante reúne as seguintes cotizacións: réxime xeral, 1.985 días en toda a súa vida laboral... ”.

Na decisión, onde di: “Estimando parcialmente a demanda interposta por Luisa Carballo Pérez fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Herrero y Cía., Herrero y Cía. Alimentación e Luis Núñez Maestú, declaro o dereito da demandante a percibir a pensión de xubilación SOVI, e condeno os demandados a se ater a esta declaración e ao aboamento da prestación mencionada na contía e efectos previstos regulamentariamente. Absolvo a Luis Núñez Maestú da pretensión suscitada fronte a el.”; debe dicir: “Estimando parcialmente a demanda interposta por Luisa Carballo Pérez fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Herrero y Cía., Herrero y Cía. Alimentación y Luis Núñez Maestú, declaro o dereito da demandante a percibir a pensión de xubilación SOVI, e condeno os demandados a se ater a declaración e ao aboamento da prestación mencionada na contía e efectos previstos regulamentariamente. O INSS deberá responder no 61,84 % (polos 1.018 días cotizados dos 1.800 exixidos) e as empresas Herrero y Cía., Herrero y Cía. Alimentación deberán responder, solidariamente, do 38,16 % restante, conforme os días polos que non existiu cotización, e para o que deberán constituír un capital custo na TXSS na contía legal e regulamentariamente procedente; e sen que exista obriga de anticipo polo INSS da cantidade que resulta de responsabilidade das empresas.

Absolvo a Luis Núñez Maestú da pretensión suscitada fronte a el”.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Herrero y Cía. Alimentación, Herrero y Cía., Luis Núñez Maestú, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 31 de marzo de 2015

A secretaria xudicial