Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15570

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1231/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1231/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Sánchez Vilariño contra Pezetace, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

Sentenza: 132/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 1231/2014.

Demandante: Francisco Sánchez Vilariño

Letrada: Sra. Gómez Lozano

Demandado: Pezetace, S.L.

Fogasa

Letrada: Sra. Prosper Montalvo

Sentenza 132/2015

A Coruña, 30 de marzo de 2015.

Decido:

Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Francisco Sánchez Vilariño fronte á empresa Pezetace, S.L. ao concorrer a excepción de caducidade da acción e, en consecuencia, absolvo esta de todos os pedimentos formulados fronte a ela.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de Reforzo do Social da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Pezetace, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de marzo de 2015

A secretaria xudicial