Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15560

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (291/2014).

Demetrio Mato Bartolomé, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada, dou fe e testemuño que nos autos de divorcio contencioso 291/2014 se ditou sentenza o día 17 de febreiro de 2015, cuxo encabezamento e resolución se transcriben a continuación:

A Estrada, 17 de febreiro de 2015.

Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia Sobre a Muller da Estrada e o seu partido xudicial, os presentes autos de divorcio seguidos co número 291/2014 por instancia de Najat Dyani, representada polo procurador dos tribunais Sr. Sánchez Ortega e asistida polo letrado Sr. Varela Rivadulla, contra Abdelaziz Lajouad, declarado en rebeldía procesual, coa intervención do Ministerio Fiscal, representado por Alejandro Tuero González.

Parte dispositiva:

Debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada polo procurador dos tribunais, Sr. Sánchez Ortega en nome e representación de Najat Dyani, contra Abdelaziz Lajouad, declarado en rebeldía procesual, cos seguintes pronunciamentos:

1º. A disolución por divorcio do matrimonio contraído por Najat Dyani e Abdelaziz Lajouad, o 29 de decembro de 2003, na localidade de Rabat, Marrocos, con todos os efectos que lle son inherentes.

2º. A garda e custodia da filla menor, Hiba, á nai, Najat Dyani, quedando a patria potestade compartida por ambos os proxenitores, ben que se lle atribúe á nai o seu exercicio.

3º. Prescindir do establecemento dun réxime de comunicación e estancia do pai, Abdelaziz Lajouad coa súa filla, Hiba.

4º. O establecemento dunha pensión de alimentos a cargo de Abdelaziz e a favor da filla menor, Hiba, de 100 euros, que deberá satisfacer Abdelaziz, nos cinco primeiros días de cada mes e por mensualidades anticipadas na conta bancaria que sinale Marta Irene, sendo actualizable esta cantidade anualmente conforme o aumento ou diminución que experimente o índice xeral anual do índice de prezos de consumo.

5º. A contribución de Najat Dyani e Abdelaziz Lajouad aos gastos extraordinarios dos menores por metade, en especial os de educación e asistencia médica.

6º. A atribución do uso e desfrute do domicilio conxugal a Najat Dyani.

Non procede o especial pronunciamento en materia de custas, por non se formular controversia entre as partes.

Esta sentenza non é firme, contra ela pode interpoñerse recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, neste mesmo xulgado, no prazo de cinco días, contados a partir do seguinte á súa notificación. Para a interposición do recurso, deberá acreditarse no momento de prepararse o recurso a consignación dun depósito de 50 euros (cincuenta euros), na conta de consignacións e depósitos deste xulgado baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Unha vez firme a presente resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio, co obxecto da práctica do asento, que corresponda.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así o acorda, manda e asina Ricardo Antonio López Fernández, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia Sobre a Muller da Estrada.

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal a que me remito. E para que conste e sirva de notificación a Abdelaziz Lajouad, actualmente en ignorado e descoñecido paradoiro, por medio da publicación no Diario Oficial de Galicia, expídese este edicto.

A Estrada, 18 de febreiro de 2015

O secretario xudicial