Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15558

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (584/2014).

Eu, Cristina Cao Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, por medio do presente edicto

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Nilda Gutiérrez Mendoza fronte a Miguel Ángel Omar Rodríguez Ballarta, en situación de rebeldía procesual, ditouse sentenza cuxa decisión é do teor literal seguinte:

Decido que estimando a demanda de xuízo verbal interposta pola procuradora Sra. Outeiriño Acuña, en nome e representación de Nilda Gutiérrez Mendoza, asistida da letrada Sra. Viaño Blanco fronte a Miguel Ángel Omar Rodríguez Ballarta, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal dada a concorrencia de fillo menor de idade na relación análoga á conxugal das partes, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas: fixación a cargo do demandado do aboamento dunha pensión de alimentos a favor do fillo común menor de idade Álex Miguel Rodríguez Gutiérrez de 200 € ao mes pagadoiros por mensualidades anticipadas nos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que designe a demandante, importe que deberá ser actualizado anualmente en función das variacións que experimente o IPC.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a esta cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e ss. e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito de 50 € previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo Sr. xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Miguel Ángel Omar Rodríguez Ballarta, expídese esta para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2015

A secretaria xudicial