Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15557

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (132/2014).

José Luis Gutiérrez Martín, secretario xudicial do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, polo presente anuncio que no presente procedemento ordinario 132/2014 seguido por instancia de Instalaciones Foncasa, S.L. contra Gustavo Marcelo Ferreiro Martínez e Ecoservicios y Bioconstrucción Atlas, S.L., foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, estimando substancialmente a demanda presentada pola representación procesual de Instalaciones Foncasa, S.L. contra Ecoservicios y Bioconstrucción Atlas, S.L., Gustavo Marcelo Ferreiro Martínez, condeno ambos os demandados a aboaren á demandante, de forma solidaria, a suma de 81.064,26 euros co incremento do xuro previsto nos artigos 5 e 7 da Lei 3/2004, computando desde o 14 de abril de 2014.

Con expresa imposición das custas do presente procedemento ás partes demandadas.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que se interporá directamente neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto».

E encontrándose a devandita demandada, Ecoservicios y Bioconstrucción Atlas, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 10 de marzo de 2015

O secretario xudicial