Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15398

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (80/2013).

Procedemento ordinario: 80/2013

Sobre: outras materias

Demandante: Antonio Esparís Calvo

Procuradora: Rosa Goris Mayán

Avogado: Francisco Serafín Blanco Mariño

Demandados: Manuel Domínguez Sayáns e Antonio Domínguez Sayáns

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, por medio do presente edicto anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Antonio Esparís Calvo fronte a Manuel Domínguez Sayáns e a Antonio Domínguez Sayáns ditouse sentenza cuxo extracto é o seguinte:

«Sentenza: 53/2014

Padrón, 10 de xuño de 2014

Vistos por Berta Vidal Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Padrón, os presentes autos de xuízo ordinario número 80/2013, seguidos ante este xulgado, nos cales son partes, como demandante Antonio Esparís Calvo, representado pola procuradora Sra. Goris Mayán e asistido do letrado Sr. Blanco Mariño e, como demandados Manuel Domínguez Sayáns e Antonio Domínguez Sayáns, ambos os dous en situación de rebeldía procesual, sobre división de cousa común

Decisión:

Estímase a pretensión formulada con carácter subsidiario por Antonio Esparís Calvo, representado pola procuradora Sra. Goris Mayán e, en consecuencia, declárase que o terreo descrito no feito primeiro da demanda (“Rústica. Número novecentos setenta do plano xeral da zona de concentración parceira de Escravitude (sector I e II) (Padrón-Rois-A Coruña). Terreo dedicado ao sitio de Agro do Monte. Linda: norte, Alfredo Abaña Domínguez e outros (969) e camiño; sur, José Pérez Rajoan e outros (977); leste, María Teresa Boy García e outra (971) e oeste, Elisardo Paz Sueiro (963), José García Botana (966) e outros propietarios (terreos 964, 967, 968 e 969). Ten unha extensión superficial de noventa e sete áreas e corenta e tres centiáreas. É indivisible. Figura inscrita a nome do demandante e a súa esposa no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 720, libro 161, folio 193, terreo 23345, inscrición 3ª”) é indivisible, e cesa a comunidade existente mediante a súa venda en pública poxa polo prezo de saída de 9.255,58 euros sinalado como valor do ben no informe de Arturo Calvo Tarrío, e con repartición do prezo obtido entre os copropietarios en razón ás súas cotas de participación, con imposición das custas do presente procedemento á parte demandada.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que a resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados a partir do seguinte á súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición do recurso contra esta resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal de Banesto, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, expediente
1575-0000-04-0080/13. O depósito da expresada suma deberá ser acreditado ao interpor o recurso, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuados da obriga de constituír o depósito os que teñan recoñecido no procedemento o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño desta sentenza para a súa unión aos autos e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a ditou. Dou fe.

E encontrándose os ditos demandados, Manuel Domínguez Sayáns e Antonio Domínguez Sayáns en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Padrón, 5 de novembro de 2014

O secretario xudicial