Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15396

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1040/2011-RCUD 287/13-S).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1040/2011

Xulgado de orixe/autos: demanda 874/2009 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Mutual Midat Cyclops, Eloy Martínez Besteiro

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fernández Contreras Granitos, S.A., Lemos Romero, S.L., Rocas de Porriño, S.L., Mutua Fremap, Asepeyo, Mutua de AT y EP de la Seguridad Social número 151, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Granitos Fernández y González, S.L., Extraga, S.L., Graniatios, S.L., administración concursal Rocas de Porriño, S.L., Manuel Martínez Rodríguez, Gragonfer, S.L., Gramorper Extracciones, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1040/2011-RCUD287/13-S desta sala, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops, Eloy Martínez Besteiro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fernández Contreras Granitos, S.A., Lemos Romero, S.L., Rocas de Porriño, S.L., Mutua Fremap, Asepeyo, Mutua de AT y EP de la Seguridade Social número 151, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Granitos Fernández y González, S.L., Extraga, S.L., Graniatios, S.L., administración concursal Rocas de Porriño, S.L., Manuel Martínez Rodríguez, Gragonfer, S.L., Gramorper Extracciones, S.L., sobre accidente, ditou a Sala IV do Tribunal Supremo a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: estimamos o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola representación de Mutual Midat Cyclops contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 25 de novembro de 2013, ditada no recurso de suplicación número 1040/2011, debemos revogar e revogamos en parte esta, e resolvemos o debate en suplicación, estimamos o recurso de tal natureza formulado por Mutual Midat Cyclops, condenamos o Instituto Nacional da Seguridade Social ao pagamento da prestación recoñecida ao demandante Eloy Martinez Besteiro, e confirmamos a sentenza contra a que se recorre respecto aos restantes pronunciamentos que contén. Sen imposición de custas á recorrente. Devólvanse as actuacións á Sala do Social de procedencia, coa certificación e comunicación desta resolución. Así, por esta a nosa sentenza, que se inserirá na colección lexislativa, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Granitos Fernández y González, S.L., Gragonfer, S.L., Extraga, S.L. e Gramorper Extracciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de marzo de 2015

A secretaria xudicial