Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1134/2012).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1134/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Abraham Fernández Fidalgo contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante Abraham Fernández Fidalgo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 2.616,28 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de marzo de 2015

A secretaria xudicial