Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15401

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1097/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1097/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Traba Nieto contra a empresa Ramón Canosa Santos (Transportes Cana), Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión.

1º. Que admitindo a demanda formulada por Javier Traba Nieto contra a empresa Ramón Canosa Castro, condeno esta a aboarlle a cantidade de 2.898,80 euros, que lle debe en concepto de principal, así como 199,46 euros por xuros moratorios.

2º. O Fogasa deberá pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso segundo da LRXS.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do cal puidese caber polos motivos recollidos no artigo 191.3.b), d) ou e) da LRXS, no caso de concorreren os supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Ramón Canosa Santos, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de marzo de 2015

O secretario xudicial