Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14849

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (20/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 20/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leslie Rosario González-Rubiera González e Silvia Fernández Carril contra Propanet, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 23 de marzo de 2015, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 104/2015

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos 20/2012 sobre procedemento ordinario, seguidos por instancia de Leslie Rosario González-Rubiera González e Silvia Fernández Carril, representadas e asistidas pola letrada Sra. López Nieto, contra Propanet, S.L., quen non compareceu ao acto do xuízo oral, e o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me outorga a Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,

Resolución:

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Leslie Rosario González-Rubiera González e Silvia Fernández Carril, contra Propanet, S.L. e o Fogasa, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a mercantil demandada Propanet, S.L. a lle aboar a Leslie Rosario González-Rubiera González a suma de 2.496,26 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros do artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

2. Debo condenar e condeno a mercantil demandada Propanet, S.L. a lle aboar a Silvia Fernández Carril a suma de 1.105,62 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros do artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

3. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase aplicar o establecido no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Propanet, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

A secretaria xudicial