Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14851

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (163/2012).

Procedemento ordinario 163/2012

Demandante: Juan Carlos Ben Gontán

Demandados: Esabe Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 163/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Ben Gontán contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Juan Carlos Ben Gontán, representado e asistido pola letrada Natalia Erviti, contra a entidade Esabe Vigilancia, S.A. e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade e, en consecuencia, condénoa a facer efectivo o incremento salarial do 1 % de todas as retribucións salariais do demandante, correspondentes no ano 2011 e que se cuantifican na cantidade de 156,80 euros, cantidade que se condena a aboar á demandada, mais o xuro por mora do 10 % sobre esa cantidade.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2015

A secretaria xudicial