Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14847

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (302/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento 302/2014 e acumulados despedimento 782/2014 e despedimento obxectivo individual 885/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Rodríguez Liste contra Hermanos Seoane, S.L. sobre materia de despedimento, se ditou sentenza con data do 17 de marzo de 2015, cuxo encabezamento e resolución son teor literal seguinte:

«Sentenza 92/2015.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de despedimento nº 302/2014, aos cales se acumularon os autos de despedimento nº 782/2014, e de despedimento obxectivo individual nº 885/2014, seguidos por instancia de José Antonio Rodríguez Liste, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, contra Hermanos Seoane, S.L., que non compareceu ao xuízo oral, e o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me confire a Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,

Resolución.

Que estimando integramente as demandas interpostas por José Antonio Rodríguez Liste contra Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro extinguida, na data da presente resolución, a relación laboral existente entre o demandante José Antonio Rodríguez Liste e a mercantil demandada Hermanos Seoane, S.L.

2. Debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado pola mercantil demandada con data de efectos do 1.9.2014, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo dito despedimento por non ser realizable a readmisión.

3. Debo condenar e condeno a mercantil demandada Hermanos Seoane, S.L. a que lle aboe ao traballador demandante a suma de 26.776,60 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

4. Debo condenar e condeno a mercantil Hermanos Seoane, S.L. a que lle aboe ao traballador demandante a suma de 11.339,10 euros en concepto de salarios debidos, co detalle efectuado no feito probado terceiro desta sentenza, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación.

5. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

A secretaria xudicial