Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14858

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1167/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1167/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Prolar XXI, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza número 93 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 25 de marzo de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 1167/2013, promovidos ante este xulgado do social, sobre reclamación de cantidade, por instancia da Fundación Laboral de la Construcción, asistida e representada polo letrado Jesús Ángel Rodríguez Ferreiro contra Prolar XXI, S.L., que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza

(…)

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada e en consecuencia condeno a Prolar XXI, S.L. a aboar á Fundación Laboral de la Construcción 289,40 euros. Condeno a parte demandada ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios do letrado da parte demandante que se fixan no importe de 200 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Prolar XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015

A secretaria xudicial