Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 946/2014, do 4 de decembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 10 de marzo de 2011, pronunciou a Sentenza 247/2011, ditada no procedemento ordinario 4013/2009, interposto por Juan Raposo Quintáns, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador José Martín Guimaraens Martínez, en nome e representación de Telefónica Móviles España, S.A.U., contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 27 de xuño de 2012 de aprobación do Plan xeral de ordenación municipal de Marín; e anulamos, por seren contrarios a dereito, os seguintes artigos da súa normativa: 173; 175, números 1 e 4; 176, números, 1, 2 e 6; 177; 178.2; 178.3 e 179, en canto dispoñen que as instalacións deben situarse en solo rústico; 181 e 184.5 en canto exixen un seguro de responsabilidade civil; 182 no relativo o recuamento e superficie dos contedores; 184 en canto limita o establecemento das instalacións en solo urbano; 184.4; 186.1 en canto ao uso compartido; e 196. Sen imposición das custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo