Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14856

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1166/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1166/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Oribe Devicenzi contra Promociones Publicitarias de Santiago de Compostela e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza número 92 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 24 de marzo de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 1166/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Fernando Oribe Devincenzi, asistido polo letrado Juan Suárez Figueiras contra Promociones Publicitarias de Santiago de Compostela e o Fogasa, que non comparecen, pronunciou a seguinte sentenza.

(…)

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Fernando Oribe Devincenzi contra a empresa Promociones Publicitarias de Santiago de Compostela e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao demandante 4.243,65 euros en concepto de principal e 379,31 euros en concepto de xuros. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Promociones Publicitarias de Santiago de Compostela, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015

A secretaria xudicial