Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13907

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (611/2011).

Rogelia Blanco González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, fai saber que no presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Mapfre Familiar Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Andrés Busto Fraguela e Roberto Guisande Sío fronte a S.A. Obras y Servicios Copasa, Jovisa, S.L. Revestimientos y Chorreos e Generali, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución literalmente din:

«Vistos por min, Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta localidade, os presentes autos de xuízo verbal número 611/2011 sobre reclamación de cantidade, por instancia de Andrés Busto Fraguela, de Roberto Guisande Sío e da entidade aseguradora Mapfre, representados polo procurador Sr. Villalba López e asistidos do letrado Sr. Artime Cot, contra a entidade Sociedad Anónima de Obras y Servicios Copasa, representada pola procuradora Sra. Díaz Gallego e asistida polo letrado Sr. Álvarez Álvarez, contra a entidade aseguradora Generali, representada pola procuradora Sra. Insua Beade e asistida polo letrado Sr. Álvarez Álvarez, e contra a entidade Jovisa, S.L. Revestimientos y Chorreos, en rebeldía».

«Que desestimando a demanda formulada por Andrés Busto Fraguela, Roberto Guisande Sío e a entidade aseguradora Mapfre, representados polo procurador Sr. Villalba López, contra a entidade Sociedad Anónima de Obras y Servicios Copasa, representada pola procuradora Sra. Díaz Gallego, contra a entidade aseguradora Generali, representada pola procuradora Sra. Insua Beade, e contra a entidade Jovisa, S.L. Revestimientos y Chorreos, en rebeldía, debo absolver e absolvo as expresadas entidades demandadas das peticións contidas naquela demanda. Isto con expresa condena da parte demandante ao pagamento das custas procesuais causadas.

Lévese testemuño desta resolución aos autos correspondentes e déixese o orixinal no libro dos da súa clase.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación no termo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para o cal se deberá ter en conta o establecido, en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Así, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o demandado, Jovisa, S.L. Revestimientos y Chorreos, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 17 de outubro de 2014

Rogelia Blanco González
Secretaria xudicial