Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13906

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (487/2013).

Procedemento ordinario 487/2013

Sobre: sociedades mercantís e cooperativas

Demandante: María Solneiro Costas Durán

Procuradora: Paula Lima Casas

Avogada: María Alonso Suárez

Demandados: Private Lease, S.L. e María Pilar Manzano Barriga

María Luisa Sánchez Garrido, secretaria xudicial do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, por medio do presente, anuncio que neste procedemento ordinario 487/2013, seguido por instancia de María Solneiro Costas Durán fronte a Private Lease, S.L. e María Pilar Manzano Barriga, ditouse sentenza 188/2014, de data 4 de decembro de 2014, cuxo teor literal é o seguinte:

«Que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Lima na representación acreditada, debo condenar e condeno a Private Lease, S.L. e María Pilar Manzano Barriga a aboarlle á demandante a cantidade de 48.765,24 euros, máis xuros de demora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, máis xuros da Lei 3/2004, todo iso con expresa imposición á demandada das custas causadas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e ante esta cabe interpor recurso de apelación neste xulgado para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte (20) días desde a súa notificación, logo de consignación de 50 euros na forma establecida por DA 15ª LOPX».

E encontrándose o dito demandado, Private Lease, S.L. e María Pilar Manzano Barriga en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 19 de decembro de 2014

A secretaria xudicial