Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13909

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (624/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 624/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Rocío Coto Brea contra a empresa Máis Galicia Sociedade Cooperativa Galega e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta por Rocío Coto Brea contra Máis Galicia Sociedade Cooperativa Galega, con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a empresa a que lle aboe 737,77 € en concepto de indemnización e 4.363,08 € por salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra a ela só cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade no número de conta....

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para interpor recurso na conta....

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Máis Galicia Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de marzo de 2015

A secretaria xudicial