Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13628

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1899/2013).

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 918/2011. Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrentes: Izar Construcciones Navales, S.A., Juan José Rodríguez Abuín

Avogados: Jorge Manuel Vázquez Miranda, María Celia Veiga Ramos

Procurador: Luis Sánchez González

Recorridos: Fogasa, Navantia, S.A., empresa Feliciano Lorente, Auxiliar de Talleres Industriales Navales, Auxiliar de Construcciones de Buques

Avogado: Francisco Javier García Ruíz

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso suplicación 1899/2013 desta Sección, seguido por instancia de Izar Construcciones Navales, S.A., Juan José Rodríguez Abuín contra Fogasa, Navantia, S.A., empresa Feliciano Lorente, Auxiliar de Talleres Industriales Navales, Auxiliar de Construcciones de Buques, Innaval SID, Reparaciones Navales, Montajes y Reparaciones Palmar SID sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Casación en unificación de doutrina: 28/15 IP.

Parte recorrente: Juan José Rodríguez Abuín.

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial: María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 17 de marzo de 2015.

Únese o anterior escrito, subscrito polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, en nome e representación de Juan José Rodríguez Abuín, ao recurso correspondente, xunto coas súas copias.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta Sala. Emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias dese escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada Sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 2 de Ferrol que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta Sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Feliciano Lorente, Auxiliar de Talleres Industriales Navales, Auxiliar de Construcciones de Buques, Innaval SID, Reparaciones Navales y Montajes e Reparaciones Palmar SID, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de marzo de 2015

A secretaria xudicial