Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13626

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3990/2014).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 3990/2014 desta Sección, seguido por instancia de Jesús Emilio Liñares Solla contra o Fondo de Garantía Salarial, Caixa Galicia, Unicom Compañía de Seguridad Electrónica, S.L., David Fernández Gómez, Jorge González Abad, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación formulado por Jesús Emilio Liñares Solla contra a sentenza do 27 de maio de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, no procedemento 341/2013, sobre despedimento, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao nº do recurso e 2 díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Jorge González Abad, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de marzo de 2015

A secretaria xudicial