Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13624

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 18 de marzo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se convoca, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, unha praza de xefe do Servizo de Neuroloxía.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (Diario Oficial de Galicia número 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia número 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada da Coruña resolve anunciar a convocatoria para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, dunha praza de xefe do Servizo de Neuroloxía.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xestión Integrada da Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde
(www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro de Xestión Integrada da Coruña, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 18 de marzo de 2015

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe do Servizo de Neuroloxía da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: A1.

Nº de vacantes: 1.