Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13630

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín

EDICTO (566/2011).

Eu, Ana Hernández Mora, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei de axuizamento civil (LAC), por este edicto se lle notifica a José Antonio Martínez Fernández a sentenza recaída no presente procedemento do 1 de abril de 2013, cuxo contido é o seguinte:

«Sentenza.

Lalín, 1 de abril de 2013.

Vistos por Carmen Riveiros Santiago, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, estes autos de divorcio contencioso 566/2011, por instancia do procurador Sr. Cean Garrido, en nome e representación de María Jesús Barral Blanco, defendidos polo letrado Guillermo Aller, contra José Antonio Martínez Fernández, en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Notifíqueselles ás partes esta sentenza e fágaselles saber que contra ela se poderá interpoñer recurso de apelación, ante este xulgado, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación, e de conformidade co previsto no artigo 774, parágrafo 5, en relación co artigo 457 e seguintes da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, o dito recurso non suspenderá a eficacia das medidas acordadas nela.

Están exentos de constituír o depósito para interpor recurso os incluídos no número 5 da disposición citada e aqueles que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese esta ao libro de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño dela aos autos principais.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Lalín, 8 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial