Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13644

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto aclaratorio de sentenza (PO 324/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 324/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Rodríguez Rey contra UTE Lavacolla, Copcisa, Construcciones Lorenzo Cao, S.L., Corsan Corvian, S.A., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Auto

Xuíz substituto

José María Fernández Abella

En Santiago de Compostela, doce de marzo de dous mil quince.

Feitos:

Primeiro. Con data do 29 xaneiro do ano en curso foi ditada sentenza nestes autos.

Segundo. A parte recorrente presentou escrito solicitando aclaración da resolución citada no seu escrito do 29 de decembro de 2014.

Fundamentos xurídicos:

Primeiro. O artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial –conforme a redacción que lle outorgou o número 62 do artigo único da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro– dispón, no que agora importa, o seguinte: “1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que padezan. 2. As aclaracións a que se refire o número anterior poderanse facer de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, e neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración. 3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento. 4. As omisións ou defectos que puideren padecer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levalas plenamente a efecto poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecido no número anterior”. No ámbito propio da xurisdición civil o número 1º do artigo 214 da Lei procesual dispón, pola súa vez, o seguinte: “Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que padezan”. O mesmo precepto no seu número terceiro establece que os erros materiais manifestos e aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Segundo. No suposto axuizado temos de dar a razón ao agora recorrente e é que na mencionada resolución se fai referencia á empresa Construcciones López Cao, S.L. cando a empresa contra a que se dirixiu a demanda é a sociedade Construcciones Lorenzo Cao, S.L.; por tanto, a resolución debe ser rectificada nos termos anteditos e debe quedar redactada a parte dispositiva nos seguintes termos, a saber:

“Que, considerando a demanda promovida por José Manuel Rodríguez contra a empresa Construcciones Lorenzo Cao, S.L. e contra a UTE Lavacolla, debo declarar e declaro o dereito do traballador a percibir as súas retribucións conforme o establecido no convenio colectivo da construción da Coruña, ao estar a norma convencional de aplicación e, en consecuencia, debo condenar e condeno as codemandadas, solidariamente, ao aboamento da cantidade de 4.196,84 euros, cantidade da cal debe responder, solidariamente, a UTE Lavacolla na cantidade de 2.745,41 euros, cantidade que se incrementará co xuro de demora do 10 % sobre a dita cantidade”.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación:

Dispoño:

Emendar o erro material padecido no feito primeiro da sentenza do 29 de xaneiro do ano 2014 nos termos mencionados acima.

Notifíquese a presente resolución ás partes comparecidas e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, José María Fernández Abella, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Lorenzo Cao, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

A secretaria xudicial