Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13639

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (878/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 878/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Troiteiro Quinteiro contra Alfonso Balo Silva, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Auto:

Maxistrada xuíza Carolina Nores Díaz.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 6 de marzo de 2015 ditouse no presente procedemento en que, segundo manifestacións da letrada da parte demandante no escrito con selo de entrada do 10 de marzo de 2015 se produciu un erro, polo cal solicita aclaración, emenda e complemento.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 267.1 da Lei orgánica do poder xudicial que «Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material de que adoezan».

Ao anterior precepto débese agregar o establecido nos artigos 214 e seguintes da Lei de axuizamento civil ao establecer que os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material de que adoezan.

As aclaracións a que se refire o punto anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo e, neste caso, será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Pola súa banda, o artigo 215 refírese á emenda e ao complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos, establecendo que as omisións ou defectos de que poidan adoecer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente a efecto as devanditas resolucións poderán ser emendados, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

Se se trata de sentenzas ou autos que omitisen manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contado desde a notificación da resolución, logo de traslado da devandita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas durante outros cinco días, ditará auto polo cal resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

Se o tribunal advirte en sentenzas ou autos que ditase as omisións a que se refire o punto anterior poderá, no prazo de cinco días contado desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que acordase.

Non caberá recurso ningún contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores puntos deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte ao da notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Doutra parte, non procede acceder á imposición de custas no presente procedemento. A mera non comparecencia do demandado non é razón de temeridade ou mala fe.

Segundo. En aplicación do anterior solicítase, por un lado:

Emenda do erro na sentenza ao confundir os nomes da letrada e da procuradora. Neste sentido indícase no encabezamento da sentenza:

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 878/2014 seguido por instancia de Verónica Troiteiro Quinteiro, representada e asistida pola letrada Sra. Goimil Martínez, contra Alfonso Balo Silva-Café Bar Cousins-Loto Azul e Fogasa, que non comparecen malia estar debidamente citados, con intervención do Ministerio Fiscal, sobre despedimento.

Cando en realidade debería dicir:

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 878/2014, seguidos por instancia de Verónica Troiteiro Quinteiro, representada pola procuradora Sra. Goimil Martínez e asistida pola letrada Sra. Pedreira Ferreño, contra Alfonso Balo Silva-Café Bar Cousins-Loto Azul e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, con intervención do Ministerio Fiscal, sobre despedimento.

Do mesmo modo, na resolución recóllese o mesmo erro:

«Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Verónica Troiteiro Quinteiro, representada e asistida pola letrada Sra. Goimil Martínez...».

Polo que debería quedar redactada da seguinte forma:

«Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Verónica Troiteiro Quinteiro, representada pola procuradora Sra. Goimil Martínez e asistida pola letrada Sra. Pedreira Ferreño...».

Terceiro. En segundo lugar solicítase que se complete a resolución en relación coa imposición de custas en aplicación do artigo 66.3 da LRXS ao terse ratificado na demanda.

O erro desta xulgadora encóntrase en que na demanda non se solicita a imposición de custas senón que é no acto da vista e tras afirmar e ratificar a demanda cando a parte demandante solicita a aplicación do artigo 66.3 da LRXS ante a non comparecencia da parte demandada sen xustificación ningunha ao acto de conciliación.

Neste sentido cabe engadir un novo fundamento xurídico á resolución cuxa aclaración/emenda se solicita:

Décimo segundo. Por último, polo que respecta á petición de imposición de custas realizada no acto da vista, a parte ampara a devandita petición na non comparecencia da demandada ao acto de conciliación.

O artigo 66 da LRXS sinala: «se non comparece a outra parte, debidamente citada, farase constar expresamente na certificación da acta de conciliación ou de mediación e considerarase a conciliación ou a mediación intentada sen efecto, e o xuíz ou tribunal impoñerán as custas do proceso á parte que non comparecese sen causa xustificada, incluídos honorarios, ata o límite de seiscentos euros, do letrado ou graduado social colexiado da parte contraria que interviñesen, se a sentenza que no seu día dite coincide esencialmente coa pretensión contida na papeleta de conciliación ou na solicitude de mediación».

Da lectura do devandito precepto dedúcese que a imposición das custas procesuais é automática polo feito de non comparecer, sen xusta causa, ao acto de conciliación administrativa. A xurisprudencia sinalou en relación coa norma que regula a condena ao aboamento dos honorarios profesionais na segunda instancia, aplicable aos preceptos anteriormente referidos por analoxía, que corresponde ao tribunal establecer o importe obxecto de honorarios, sen necesidade dunha taxación previa de custas e dentro dos límites legais. No presente caso, en atención á natureza do procedemento, procede fixar o importe dos devanditos honorarios en 200 euros.

En consecuencia, a devandita condena ao pagamento das custas debe recollerse na resolución da sentenza, que quedaría redactada do seguinte modo:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Verónica Troiteiro Quinteiro, representada e asistida pola letrada Sra. Goimil Martínez, contra Alfonso Balo Silva-Café Bar Cousins-Loto Azul e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, con intervención do Ministerio Fiscal, sobre despedimento e, en consecuencia, declaro a nulidade do despedimento con efectos do 20 de setembro de 2014, con condena da demandada indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 21,27 €/día), desde a data do despedimento á data da efectiva reincorporación.

Condeno, así mesmo, a empresa a aboar á demandante a cantidade da 905,6 euros como liquidación.

Condeno a demandada ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios da letrada da parte demandante, que se fixan na suma de 200 euros.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Cuarto. Finalmente, solicítase que na resolución, en lugar de indicar: declaro a nulidade do despedimento con efectos do 20 de setembro de 2014, se indique: declaro a nulidade do despedimento efectuado con data do 20 de setembro de 2014.

Agora ben, esta aclaración non procede pois dos feitos probados e da fundamentación xurídica e ante un despedimento tácito, esta xulgadora e de acordo co que se probou na litis fixa os seus efectos o 20 de setembro de 2014, por iso se recolle así na resolución, unicamente e co fin de evitar malos entendidos na redacción sinálase:

... declaro a nulidade do despedimento producido con efectos do 20 de setembro de 2014...

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación.

Parte dispositiva:

Procede aclarar a sentenza do 6 de marzo de 2015 no sentido exposto nos fundamentos anteriores.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña resolución, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alfonso Balo Silva, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

A secretaria xudicial