Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (279/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de execución 279/2013, seguidos neste xulgado, sobre reclamación de cantidade, por instancia de José Ángel Llerena Caamaño e Severino Aragundi López, contra Ventilaciones Los Ángeles, S.L., en reclamación de 16.809,68 euros de principal, máis 1.780,96 euros que se calculan para xuros, gastos e custas, se acordou por resolución do día da data sacar a pública poxa, polo prazo de vinte días, os bens embargados á parte executada que logo se indicarán, e sinalar para a celebración poxa o día 20 de maio de 2015, ás 13.00 horas, na planta 2ª do edificio dos xulgados, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, desta cidade de Santiago de Compostela, que se rexerá polas seguintes condicións:

a) Que os licitadores, coa excepción do executante, para tomaren parte na poxa deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, referencia número 5076 0000 64 0279 13 no Banco Santander, o 5 % do valor do vehículo para os efectos de poxa. As cantidades devolveranse, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen na poxa, excepto ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consignar o resto do prezo. No dito xustificante deberán consignar, así mesmo se, de ser o caso, recibiron en todo ou en parte cantidades dun terceiro.

b) Que se poderán facer ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, facendo o depósito a que se fixo mención anteriormente, e os sobres serán abertos ao inicio da poxa e producirán os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

c) O executante só poderá tomar parte na poxa cando existan licitadores e poderá mellorar as ofertas que se fagan, sen necesidade de consignar ningunha cantidade.

d) Que se poderán facer ofertas superiores ao 70 % do valor do vehículo para efectos de poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

e) Para o caso de que se fagan ofertas e non superen o 50 % do valor de taxación ou que non cubran, polo menos, a cantidade pola cal se despachase execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, resolverase sobre a aprobación do remate á vista das circunstancias do caso.

f) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiro.

g) A certificación rexistral e, de ser o caso, a titulación do ben que se poxa estarán de manifesto na secretaría deste xulgado.

g) Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existan títulos.

i) As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ao crédito do actor continuarán subsistentes e, polo feito de participar na poxa, o licitador admíteos e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudica ao seu favor.

j) O presente edicto está exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado, publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal de poxas xudiciais e electrónicas existentes e dependente do Ministerio de Xustiza.

O presente edicto servirá, ademais de para os efectos de publicación, de notificación e citación para todos os efectos ás partes.

Bens obxecto de poxa:

1º. Vehículo matrícula 5849DPM, marca Renault, modelo Master, tipo camión furgón, e con data de matriculación o 7 de setembro de 2008.

Tipo para poxa: 2.800 euros.

2º. Vehículo matrícula 5236FTF, marca Renault, modelo Master, tipo camión furgón, e con data de matriculación o 24 de xullo de 2007.

Tipo para poxa: 5.500 euros.

Os vehículos están precintados no quilómetro 502,192 en Liñares, Rois. Faise cargo deles, en calidade de depositario, Manuel Campos Seco, administrador de Ventilaciones Los Ángeles, S.L.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

A secretaria xudicial